EXPERIMENTO 4 ESO.
A COL LOMBARDA UTILIZADO COMO INDICADOR DE PH.
Neste experimento imos obter un indicador de pH a partir da
col lombarda.
Materiais:
·
Col lombarda
Procedemento:
1. Cortamos as follas máis escuras da col lombarda e
cocémolas nun recipiente cunha pequena cantidade de auga durante uns minutos.
2. Deixamos arrefriar e filtramos reservando o líquido e
desprezando as follas que quedarían sen cor.
O extracto de col lombarda, así obtido, servirá para
identificar ácidos e bases. Podemos observar o cambio de cor ao engadir o
extracto de col lombarda a distintas sustancias, por exemplo: ao zume de limón,
ao zume de laranxa, vinagre, bicarbonato sódico, lixivia, deterxente….
¿Que ocorre?
Denomínanse indicadores de pH a aquelas sustancias que
cambian de cor segundo estean nun medio ácido ou básico. Algúns vexetais como o
amorodo, cereixa, col lombarda ou cebolas vermellas, posúen unha sustancia
(antocianina) que é moi sensible aos cambios de pH. A col lombarda posúe
cianina, que é un excelente indicador natural. O extracto de col lombarda
cambiará de cor segundo o medio: adquirirá unha cor vermella nun medio ácido
(zume de limón, vinagre, disolución de ácido clorhídrico, etc.), unha cor azul
nun medio neutro (auga) ou unha cor amarela nun medio básico (bicarbonato
sódico, disolución de eslamiada, etc).
EXPERIMENTO 3 ESO


No hay comentarios:
Publicar un comentario